Filosofía

Imos Publicidade é unha empresa nova con moita experiencia, levamos máis de vinte anos colaborando cos nosos clientes na difusión dos seus negocios, sempre cunha idea fixa: a complicidade e a proximidade producen sempre bos resultados. O que máis nos gusta é que quen se achegue a nós como cliente sinta que estamos comprometidos coa súa empresa, e que dalgunha maneira o seu éxito facémolo noso e celebrámolo como algo propio.

A publicidade é algo máis que dar a coñecer un produto, unha marca, ou un negocio, a publicidade fala das persoas que están detrás diso, dos seus creadores, dos que loitan día a día para sacalos adiante, por iso poñemos o máximo coidado e agarimo en facer unha publicidade de calidade, que faga orgulloso e satisfaga a quen nola encarga.

En Imos Publicidade cremos nas ideas, pero sobre todo cremos nas persoas. O noso nome dio todo:

“Imos: Fagamos xuntos o camiño.”

“Achegarse nun comezo, manterse xuntos é progreso, traballar xuntos é éxito.”

Henry Ford